Novas por contido

Na xuntanza que tivo lugar o 11 de febreiro coa Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural (xuntanza á que non acudiron nin CCOO nin UXT) comunicóusenos que o persoal fixo descontinuo de 6 meses do SPDCIF comezaría o seu período de traballo nalgún momento entre finais de marzo e finais de abril dun xeito escalonado, traballando 6 meses consecutivos independentemente da data de entrada. Todo isto sempre e cando as condicións metereolóxicas e a carga incendiaria o permitan. Asemade, que o persoal fixo descontinuo de 9 meses comezaría o 1 de marzo.

A postura da CIG a este respeito foi a mesma de sempre. Entendemos, e así o manifestamos na xuntanza, que a temporalidade mínima de todo o persoal do SPDCIF ten que ser de 9 meses, xa que é a única opción que garante a estabilidade e saída da precariedade laboral e o pleno desenrolo de todas as capacidades do servizo de incendios, coma un servizo de prevención estratéxica e de emerxencias. Asemade, é a temporalidade mínima para o persoal fixo descontinuo do servizo de incendios, recollida no V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, e facilitaría a implantación axeitada de todos os dereitos recollidos neste (tanto os vixentes coma os suspendidos) e un plan de formación axeitado para todo o persoal.

Por parte da CIG deixamos constancia de que a entrada escalonada do persoal de 6 meses podería acarrear problemas e complicacións (por nós que non quede).

No tocante á entrada do persoal fixo descontinuo de 9 meses, dicir que estamos dacordo en que a entrada en datas anteriores ao 1 de marzo podería supoñer certos problemas. Así o manifestamos e a Consellería ao final vai respetar o acordo verbal que existía de preaviso de 15 días para este persoal, polo que a data de inicio será do 1 de marzo.

Así pois, na CIG seguiremos a loitar pola estabilidade e a saída da precariedade de todo o persoal e polo verdadeiro aproveitamento de todas as capacidades do SPDCIF.

Outras novas recentes

Venres, 28 Novembro 2025

Carreira extraordinaria ou maratón ordinario? Últimas novidades

A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón. Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira...
Martes, 02 Decembro 2025

Convocatorias extraordinarias de acceso aos graos I, II e III da carreira administrativa e complemento de desempeño

No DOG do 02/12/2025 publican: - ORDE do 1 de decembro de 2025 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da...
Xoves, 27 Novembro 2025

A Xanela. 31 medidas urxentes para o persoal da Xunta de Galiza

A Xanela. Boletín da CIG de novembro de 2025, coas alegacións que presentamos aos grupos do Parlamento de Galiza para a Lei de medidas e a Lei de orzamentos para o 2026 Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito...