Novas por contido

Dende CIG- Administración Autonómica de Ourense acabamos de demandar por escrito a delegada territorial da Xunta, Mª Sol Díaz Mouteira, que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desta delegación.

Nas diversas avaliacións de riscos laborais realizadas nos edificios e centros de traballo da Xunta de Galiza no concello de Ourense, unicamente se fixeron control dos factores termohigrométricos.

Estudos científicos avalados e recoñecidos pola OMS relacionan o gas radon co cancro de pulmón. Algúns estudos cifran no 25% o total de casos de cancro de pulmón detrás dos que se atopa este gas. A emisión deste gas é especialmente alta na Galiza e concretamente na cidade de Ourense. Resulta moi perigoso en sotos, semisotos, baixos e outras zonas pouco ventiladas.

A DIRECTIVA 2013/59/EURATOM en vigor o 6 desde febreiro de 2018 establece a obriga da administración a realizar medicións de gas radon en lugares de traballo situados en áreas de risco.

O 24 de xaneiro de 2018, delegados da CIG solicitamos a delegación territorial da Xunta en Ourense e a todas as xefaturas territoriais da Xunta en Ourense que fixeran unha urxente comprobación dos niveis de gas radon no Edificio Administrativo e todos os centros de traballo administrativos da Xunta de Galiza de Ourense.

Ante a falta de resposta, levamos esta cuestión a tratamento do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) do Edificio Administrativo Ourense do 18 decembro de 2018, onde representantes da administración nos responderon que “mentres non se faga a transposición da directiva europea á lexislación española, non tiñan obriga legal de facer as medición”, así que non ás farían.

A lexislación europea de protección da saúde das persoas e traballadoras veu establecendo unha atención preferente contra as radiacións ionizantes e non ionizantes e, no primeiro caso, unha atención maior ao gas radon desde o descubrimento da súa actuación como elemento natural carcinoxénico e, no que pola configuración xeolóxica, ten unha grande incidencia en Galiza.

Debido ao risco ao que están expostas as persoas traballadoras nos lugares de traballo situados en areas identificadas polos seus elevados niveis de radon, existe a obriga de facer as medicións e de tomar as accións preventivas ou correctoras necesarias.

No ano 2019 fixéronse estudos de gas radón no centro de traballo R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo. O RPSRI establece que ditas medidas deberán ser realizadas por un laboratorio debidamente acreditado na normativa ISO/IEC 17025. A lista dos laboratorios acreditados atópase recollida na propia páxina do Consello de Seguridade Nuclear https://www.csn.es/radon.

A empresa que fixo ás medicións no centro de traballo R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo non se atopa no listado de laboratorios acreditados así que o estudo de radon feito neste centro de traballo carece de validez.

Reclamamos o cumprimento da lexislación de protección de riscos laborais para garantir a seguridade das persoas traballadoras, facendo as medicións en todos os centros de traballo que permitan avaliar o nivel de exposición a que se achan sometidas, informándoas e tomando as medidas correctoras que puidesen ser necesarias para eliminar a incidencia dos efectos dos valores elevados de gas radon. Unha demanda que cobra especial relevancia no noso país, tendo en conta a incidencia deste elemento a causa da morfoloxía xeolóxica de Galiza.

Solicitamos a Xunta de Galiza que laboratorios acreditados realicen medicións de gas radon nos centros de traballo de Ourense e que cumprindo a lei 1/1995 de protección de riscos laborais se comuniquen os resultados das medicións ás persoas traballadoras.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...