Novas por contido

A CIG-Autonómica inicia unha rolda de encontros cos partidos políticos de cara a explicar as iniciativas para a mellora do emprego e os servizos publicos galegos. 

As empregadas e empregados públicos temos dereitos!

Coa responsabilidade de ser a primeira forza sindical na Administracion xeral da Xunta de Galiza a CIG-Autonómica reunímonos cos partidos políticos que se presentan as vindeiras eleccions galegas.

Nos encontros co BNG e Galiza en Común non houbo dúbidas na coincidencia con estas dúas forzas políticas de esquerda en que a política neoliberal implementada nesta década co obxecto de reducir o público e a administración á súa mínima expresión é a causa primeira de todos os problemas aos que agora nos enfrontamos na administracion publica galega.

A escusa da crise económica serviu para entregar os servizos públicos a empresas privadas. Se autoimpuxeron normas e taxas de reposición que fixeron imposible contratar persoal e facer procesos selectivos tanto para o reclutamento interno como externo.

Así o capítulo de persoal é aínda hoxe a fonte de onde aforrar, recortando retribucións ou conxelando dereitos de promoción que poderían dar melloras retributivas. O mesmo sucede coa renuncia a substituir e cubrir ao persoal ou dar os adecuados descansos ao persoal traballador por falta de contratacion.

De aí que o primeiro para o BNG tamén pasa por recuperar o emprego público aos niveis da década pasada e reforzar os servizos públicos de atencion aos cidadáns.

Para CIG é clave un plan de mellora que adecue os dereitos dos empregados públicos ao modelo europeo. Para comezar, hai que derrogar urxentemente a lei de medidas de 2012, a lei dos recortes que sigue vixente ainda que os datos economicos hai meses que se anuncian positivos, é necesaria a recuperacion do poder adquisitivo do persoal empregado público e de liñas de axuda como o Fondo de Accion Social.

En Galiza en Común mostráronse abertos a introducir as propostas da CIG no programa e salientaron tamen a falla de servizos que desenvolvan politicas activas no rural e no monte galego.

Na xuntanza co Partido Popular onde, aínda que non se comprometeron a incluílas directamente si dixeron estudar as propostas. Falámoslle da necesidade dun cambio de rumbo nas políticas públicas que afectan aos empregados públicos que tras unha década de recortes supoñen perda de dereitos, perdas retributivas e perda de emprego.
Destacamos a falla de implantacion real das medidas de conciliacion ou a ausencia sequera do I Plan de Igualdade para o persoal da Xunta de Galiza ou a necesidade da diminucion da xornada ás 32 horas.

No PSOE recalcaron a necesidade de implementar mais teletraballo na Xunta e indicaron como prioritaria unha Lei de Emprego Publico para Galiza que non requira parcheos constantes e que sexa produto da negociacion colectiva.

Dende a CIG reiteramos a todo os partidos a necesidade dunha carreira profesional con carácter universal que non exclúa a ninguén cunha mellora das contías e redución dos tramos. A cobertura urxente de baixas e vacantes e procesos selectivos coa totalidade das prazas, concursos de traslados permanentes e garantías laborais previas aos procesos de funcionarizacion cun Acordo de condicions de traballo.

Ademais do anterior insistimos na necesidade da derrogacion urxente da reforma das pensións e a xubilacion parcial anticipada para persoal laboral e funcionario.

En definitiva non se pode aguantar mais cunha administracion tan lenta e obsoleta na relacion co seu persoal e pulamos por servizos publicos áxiles e eficaces que teñan ao seu persoal como o maior valor

As xuntanzas:

  • 04/03/2020. Reunímonos con Montse prado en representacion do BNG.
  • 06/03/2020. Reunímonos con Anton Sanchez por Galiza en Comun.
  • 09/03/2020. Reunímonos co PP con Paula Prado.
  • 10/03/2020. Reunímonos co PSdG-PSOE Maria Teresa Porritt Lueiro e Luis Manuel Alvarez martinez.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...