Novas por contido

As medidas preventivas que se establezan no meu centro e posto de traballo teñen que vir reflectidas na Avaliación de Riscos Laborais ao COVID19. Como empregada/o teño dereito a coñecelo e o deber de aplicalas, e a Lei de Prevención de Riscos Laborais é a norma básica que prevalece ante calquera outra resolución, protocolo, decreto, etc., nesta materia.

Porén, a empresa debe informarme das medidas que aplicou para protexer a seguridade e saúde no meu centro de traballo, e debe formarme axeitadamente para que desenvolva as miñas funcións laborais coa máxima seguridade posíbel para as persoas usuarias, os/as meus/miñas compañeiros/as e para min mesma/o.

No Protocolo para a incorporación do traballo presencial e de medidas xerais veñen unhas recomendacións que se deben adaptar a cada centro e que son mínimas ou xerais: evitar a concorrencia mediante o teletraballo, 2 metros de separación e mamparas para o público, medidas organizativas como o estabelecemento de quendas voluntarias, cita previa e control de acceso.

Así, na Avaliación de riscos laborais do teu centro virán aquelas máis específicas, como entrada e saída, uso de espazos comúns (wc, salas, etc.), equipamentos como impresoras, ou postos. Ademais, debe especificar como realizar inspeccións, o uso de medios compartidos, protocolos para funcións específicas ou traballos de campo, equipamentos auxilares, etc.

Se non che informaron nin che formaron, teñen que facelo, é a obriga da empresa.

Poñemos á túa disposición un modelo para que solicites a avaliación de riscos do teu centro de traballo. Podes adaptalo ás túas circunstancias. Descargar modelo.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.