Novas por contido

A Xunta de Galiza segue pasando de negociar o teletraballo e pretende incorporar presencialmente a toda costa a todo o persoal a partir do 15 de xuño, finxindo unha normalidade que non existe.

A Xunta incorporou a persoal que tiña teletraballo COVID a pesar de que esta é a mellor opción para reducir o risco de contaxio fronte ao coronavirus tanto nos centros de traballo como na sociedade. Para a CIG Autonómica é unha barbaridade mobilizar a milleiros de empregadas/os que están a facer teletraballo con eficacia dende os seus fogares, e apelamos á normativa básica dos decretos do Estado, nos que se insta a ampliar o teletraballo tres meses máis aló do remate do estado de alarma.

Así, a Xunta incumpriu o seu propio Protocolo de incorporación e medidas xerais e chamou para o traballo presencial ao persoal. Fallaron as garantías previstas nel e, no nivel formal, en moitas das consellarías pasaron á fase dúas sen a comprobación previa dos Servizos de Prevención de Riscos Laborais, e sen tratar o informe de fin de fase no Comité de Seguridade e Saúde Laboral respectivo. Esta situación provocou numerosas denuncias e protestas, algunhas das cales remataron na Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Con estes antecedentes é doado supor que o día 15 de xuño comece a terceira fase e reincorpore ás bravas a todo o persoal, incluído o que esta teletraballando por conciliación.

Non aceptamos esta estratexia da Xunta de finxir unha normalidade que xustifique a campaña electoral, e imos seguir a denunciar e reclamar o que é xusto.

Polo de agora pomos ao teu dispor unha solicitude individual co fin de tentar ampliar o teletraballo COVID por conciliación nos termos que marca a lexislación do Estado español. Ten en conta que a opción de redución de xornada ten redución proporcional de salario. Descargar o modelo.

Se te chega resposta da Xunta, ponte en contacto coa CIG para estudar a súa defensa xurídica.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...