Novas por contido

Este domingo 25 de outubro atopámonos coa mala nova da aparición de 66 casos de contaxios COVID19 na Residencia do Maior “Nsa Sra dos Miragres” en Cabeza de Vaca – Barbadás.

En primeiro lugar, dende a CIG queremos amosar a nosa solidariedade co persoal e usuarios da residencia e apostar por unha pronta recuperación de todos eles/as. Dito isto, non é óbice para manifestar que o contaxio xeneralizado nesta residencia e en outras similares non é máis que unha crónica anunciada. Dende a CIG levamos tempo denunciando o oscurantismo da Xefatura Territorial de Ourense e, nominalmente, da súa xefa territorial, onde se negan constantemente a facilitar datos de contaxios e, sobre todo, a facilitar os medios de protección axeitados.

Na CIG apostamos dende o primeiro día que empezou a segunda onda en previr as consecuencias e, de acordo con isto, poñer todas as medidas de prevención que foran necesarias, empezando pola dotación de persoal suficiente cos medios individuais de protección axeitados, consistentes en máscaras fpp2, monos de un só uso, etc… Non é momento de pedir responsabilidades, é hora de estar unidos na loita contra esta pandemia, pero iso non quita que sexa a nosa responsabilidade denunciar as anomalías que atopamos no funcionamento dos servizos públicos e, sobre todo, esixir os medios necesarios para combater esta lacra.

Dende a CIG esiximos que se dote de máis persoal as residencias públicas galegas e, nomeadamente, a Residencia do Maior de Cabeza de Vaca, onde é urxente o incremento de máis persoal, tanto de servizos como de atención clínica, para facer fronte a esta pandemia.

Outras novas recentes

Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública. Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas...
Venres, 27 Xuño 2025

Rueda culmina a creación do «Instituto Galego de Trolas» (IGT), en suplantación do IGE

Co silandeiro cesamento do director do IGE, Rueda liquida o que até o de agora fora o Instituto Galego de Estatística, vendido ás empresas privadas e transformado nun medio de censura máis, xunto coa RTVG Esta é a crónica dunha suplantación fría e rapidamente calculada. Dende o intre en que Rueda encargou un informe á medida á empresa Sondaxe —grupo de La Voz de Galicia—...
Martes, 24 Xuño 2025

Voto a favor condicionado da CIG-Autonómica ao I Plan de Igualdade do Consello de Contas (23/06/2025)

A CIG avoga por un I Plan de Igualdade máis ambicioso e efectivo, cun ámbito temporal de 3 anos de duración —en vez de 4—, ademais de promover que a enquisa de igualdade ao persoal se adiante ao primeiro ano do plan. Consello de Contas de Galiza: 18 anos de atraso na aprobación do I Plan de Igualdade Todas as Administracións Públicas teñen a obriga de contar cun plan de...