Novas por contido

Carreira profesional

Polo Acordo de concertación, no segundo semestre do 2020 tiñan que publicar a convocatoria para que aquelas persoas que teñan recoñecido o grao I e conten cunha antigüidade de 11 anos poidan solicitar o encadramento no grao II. Estamos en novembro e non hai novidades. O director xeral di que non pode comentar nada ata falar con Orzamentos.

Concurso de traslados (corpos xerais e veterinarios/as)

- Volvimos a demandar información da situación do concurso de traslados de corpos xerais. Como aconteceu na xuntanza da semana pasada, o director xeral non di nada e escúdase en que está pendente de que lle envíen información a el.

- Preguntamos polo concurso de traslados de persoal veterinario. En xaneiro enviáronnos un borrador da convocatoria ao que presentamos alegacións. Dende entón non se soubo nada máis. O persoal de novo ingreso xa tomou posesión provisional, e non pode ser que estean nesa situación durante anos. Así que queremos que se retome o concurso. O DXFP explica que daquelas (xaneiro-febreiro), unha das consellerías pretendía amortizar moitos postos e modificar a RPT, o que paralizou o proceso. Por outra referencia que fixo posteriormente, podería ser a DX de Saúde Pública.

Elección de destinos

- Corpos xerais: van convocar unha xuntanza para fixar criterios polos postos de corpos xerais A1, A2 e C2 de libre e promoción interna. A elección sería en novembro.

- Gardacostas: para novembro terían a elección de destino definitivo. 

Procesos selectivos cos tribunais constituídos e pendentes do primeiro exame

Trasladamos un ruxe-ruxe que anda a circular segundo o cal as autoridades sanitarias pronunciáronse en contra de facer procesos de máis de 1000 persoas, polo que pedimos información. O DXFP nega tal información e manifesta que están en contacto permanente con Sanidade avaliando a situación.

Problemas no acceso a centros de traballo

Denunciamos que delegados/as sindicais da CIG están a ter problemas para acceder a determinadas instalacións da Xunta. Mencionamos casos como Atriga-Ourense, San Caetano ou algún centro de ensino. O DXFP comprométese a interesarse polo asunto e dar resposta. 

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...