Novas por contido

A CIG e o CSIF acordamos presentar unha demanda xudicial contra a Xunta de Galiza polo reiterado incumprimento do disposto no artigo 7.2.a) do V Convenio Colectivo sobre os concursos de traslados. 

A Xunta leva dez anos sen convocar o concurso de traslados do persoal laboral provocando gravísimos prexuízos aos traballadores e traballadoras, como a adxudicación en destino provisional ás persoas aspirantes que superaron procesos de acceso libre ou promoción interna, cando o Convenio Colectivo establece taxativamente que ten que ser destino definitivo. Alén diso o persoal vese na obriga de solicitar, unha e outra vez, as adscricións temporais como medida paliativa á falta dun concurso de traslados.

O persoal laboral do grupo V leva sen convocatoria do concurso de traslados desde o ano 2011 e, no caso dos grupos I ao IV, desde o ano 2012.

O acordo da CIG e a CSIF para a denuncia xudicial vén precedido por reiteradas solicitudes feitas nos últimos anos para que a Dirección Xeral da Función Pública dera cumprimento á normativa vixente que establece o concurso de traslados como o “sistema normal de provisión de postos de traballo”.

É incomprensible que a Xunta de Galiza, co beneplácito de CCOO e UGT, pretendan convocar e resolver procesos de funcionarización ou procesos selectivos de acceso libre, estabilización ou de promoción interna sen ter convocado previamente un concurso de traslados que garanta os dereitos do persoal a mobilidade e ao cambio de categoría para todos os grupos, conforme o disposto no artigo 7.2.a) do V Convenio Colectivo. 

Enviamos un comunicado conxunto a medios co anuncio da demanda. Esperemos que a Xunta recúe, e que CCOO e UGT se dean conta dunha vez do dano que coa súa participación están a facer ao persoal da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 08 Xullo 2025

Comisións de servizo na escala extinta de Axentes forestais (C2)

Tras unha sentenza firme a Dirección Xeral de Emprego Público xa autorizou 3 comisións de servizo na escala de axentes forestais (corpo de auxiliares técnicos da escala C2) A CIG protesta pola decisión de Emprego Público e solicítalle unha reunión urxente coas consellerías para arranxar a situación anacrónica das RPT, valorando eliminar o C2 nos postos que non están...
Xoves, 10 Xullo 2025

Creación da Axencia Intecmar (09/07/25)

O día 9 de xullo tivemos a primeira reunión (segundo a Consellería) informativa sobre a creación da Axencia INTECMAR e a disolución do Instituto. Isto segundo a Consellaría, pero o comité de empresa de INTECMAR xa negociou o borrador que presentan. Aínda que a directora e a vicesecretaria xeral din que non se negociou nada, o presidente do comité de empresa comenta na súa...
Venres, 11 Xullo 2025

Resolución do concurso de traslados de enxeñería, enxeñería técnica, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias

No DOG do 11/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos,...