Novas por contido

A Consellería de Medio Rural pásase de freada e elimina o teletraballo en burbullas do artigo 12 por circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da Covid baseándose na orde que mantén as medidas preventivas após da finalización do Real decreto do estado de alarma e argumentando que nunca fixo a circular que permitía solicitalo. 

Coa reincorporación do persoal dos centros administrativos de Medio Rural sen medidas preventivas serias e inda co persoal amoreado foi difícil conseguir teletraballo en burbullas (e nin sequera en todos os servizos), aínda que outras consellerías levaban meses aplicándoo como medida preventiva e traballando en burbullas con normalidade. Por fin o 4 de febreiro de 2021 coa entrada en vigor do Acordo de teletraballo xeneralizábase a aplicación do sistema de autorización especial na Administración xeral da Xunta de Galiza.

Coa escusa do remate do estado de alarma, Medio Rural elimina o teletraballo facendo uso dun escrito onde os argumentos patinan, xa que emprega a orde que prorroga o teletraballo para quitalo, porque nunca o implantaron nunca circular, din.

Intentan explicar facendo malabarismos, que segundo a Orde do 7 de maio, que establece medidas específicas na Galiza para manter o teletraballo como medida efectiva contra a pandemia, hai que facer o contrario e quitalo!!

Así, o día 9 de maio a SXT de Medio Rural asina o remate do teletraballo cun: “ Polo que de acordo co anterior, tendo en conta que na consellería non se ditou resolución pola que se autorizaba o teletraballo Covid, non se poderá tramitar o permiso habilitado no portal do empregado público “xustificación teletraballo pola covid” dende o día 9 de maio data de entrada en vigor de dita norma”.

Ante isto temos que clarexar:

1. O teletraballo non é un permiso, é unha modalidade laboral.
2. Ao que chamamos teletraballo Covid é aquel que se aplica en base á situación de emerxencia sanitaria para protexer ao persoal e a toda a poboación do virus, evitando riscos de contaxio nos centros, nas familias e nas diferentes localidades durante os desprazamentos. A circular da DXFP harmonizou o paso do anterior áo novo sistema do acordo de teletraballo.
3. A declaración de emerxencia que posibilita a solicitude polo artigo 12 faise por medio da orde publicada que no caso do 7 de maio ratifica a continuidade desta medida .
4. Aos xefes de Medio Rural impórtalles un bledo a saúde do seu persoal e nin sequera informan desta medida radical aos delegados e delegadas de prevención do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

A Secretaría Xeral Técnica e o seu equipo sorprenden polas súas extravagancias no abuso e falta de respecto ao persoal, como o de quitar soldo nos servizos mínimos da folga ou pagar as nóminas do persoal de seis meses ao segundo mes de traballo precarizandoos aínda máis. A chulería xeral desta patronal da peor calaña é diaria. Agora tocoulle ao teletraballo.

Para rematar, un exemplo da "excepción que se volta norma”: O caso do servizo de gandería, esenciais, sen medidas de prevención, sen vacinación e sen teletraballo covid en toda a pandemia.

A Xunta ten que pararlle os pés a esta consellería insubmisa e o conselleiro ten que cesar ao autor destas macarradas impropias dunha administración pública cabal.

Ou é que realmente a Xunta son reinos de taifas onde cada consellería pode facer as excentricidades que lle peten sen consecuencias?

Cuartos nun entrechan sen ventilación natural e onde nunca tiveron teletraballo pola chulería do xefe de servizo e do xefe territorial (abriron un oco nun pavés dun patio interior noutro espazo Interior ao que da unha ventana ridicula como gran solución a ventilación). A CIG denunciou as condicións deste centro administrativo na inspección de traballo en varias ocasións, daquelas das que tivemos resposta da inspectora, unicamente se relacionaban medidas que nin a Xunta aplicou nin a inspección comprobou: a connivencia Xunta-Inspección de Traballo en Ourense é brutal.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...