Novas por contido

Continúan as prácticas de derivar a realización de traballos que deberían corresponder a empregadas e empregados públicos.

No DOG do 16/07/2021 publican unha encomenda de xestión a Tragsatec para apoio na xestión de diversas convocatorias de axuda da Dirección Xeral de Formación e Colocación, durante un prazo de 12 meses contados a partir do 1 de xullo. O importe do encargo é de 210.497,24 euros.

Derivan cara a empresas instrumentais o traballo que debería facer a Administración pública. A garantía de independencia e obxectividade só corresponde ao persoal empregado público. Esta actuación volve mostrar, unha vez máis, o desprezo da Xunta hacia o público e a súa intención de contratar externamente o que debería facer o seu cadro de persoal. Se son necesarios máis recursos humanos deberían cubrir os postos vacantes na administración, para dar un servizo público de calidade.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...