Novas por contido

Na Comisión de Teletraballo do día 3 de decembro preguntamos ante a vaga de covid e os confinamentos de escolares, se os permisos da COVID seguían activos, pois había dúbidas do persoal en varias consellerías. Tamén propuxemos que se activase o artigo 12 polo nivel de risco alto na nosa comunidade, é máis despois de que a Unión Europea, a través do Centro Europeo para o Control e a Prevención de Enfermidades, recomende o teletraballo ante o avance desta 6ª onda.

Descartouse a aplicación do artigo 12 (teletraballo obrigatorio por emerxencia) porque neste caso non temos a declaración de Sanidade de emerxencia sanitaria e tamén porque están activos os permisos ou xustificantes para teletraballar polas causa do COVID. 

Pero sempre destaca algunha consellería na súa rebeldía: Medio Rural volve a da-la nota enviando un correo ao persoal afectado no que di que hai que tirar de asuntos propios e vacacións. O mesmo nalgunha xefatura de Política Social que entende que o persoal dos centros asistenciais non ten dereitos e que non existe a posibilidade de xustificar por quedar na casa ao coidado dunha crianza confinada. E para mais estamos a falar de persoal esencial que traballou a reo durante toda a pandemia, onde primaron as necesidades do servizo e agora dáselle coa porta nas narices 

E que pasa se non quedan días de asuntos propios porque xa estamos de decembro?. E si levamos varios confinamentos?.  Levamos aos pequenos confinados ao traballo? 

En definitiva, que algunhas xefaturas crecense denegando dereitos ao persoal e buscan calquera razón. E esta non é nin a primeira vez que se xoga cunha cuestión tan grave  como a COVID poñendo en risco a todas.

Ante isto solicitamos no comité intercentros de seguridade e saúde laboral o 16 de decembro a Función Pública que aclare ás consellerías os permisos e xustificacións do PORTAX vixentes. Sorprendéronnos as declaracións da presidenta deste comité que comparou o coidado por corentena da COVID con quedarse a coidar un fillo con gripe e que polo tanto cada un que se apañe.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...