Novas por contido

Presentámosche a proposta da CIG para un Acordo marco regulador que recolla os dereitos laborais do persoal funcionario e laboral que non están na Lei de Emprego Público da Galiza.

Con este documento pretendemos activar a Xunta e obrigala a negociar as condicións específicas que temos nos nosos centros de traballo e evitar que se perdan dereitos coa funcionarización ao tempo que melloramos e definimos outros para todas.

ANTE A PERDA DE DEREITOS LABORAIS, NEGOCIACION !

O V Convenio Colectivo Único regula os dereitos do persoal laboral pero a Xunta mantén varios artigos suspendidos dende o 2012 precarizando as condicións de traballo.
Na vez de aproveitar a funcionarización para facela mais apetecible e recuperar e trasladar os dereitos á Lei de Emprego Público a Xunta négase, máis o que si deixou claro é a continuidade da prestación dos servizos pero, baixo que condicións?
Sabemos que si non facemos nada as que temos condicións especiais de traballo imos ter problemas nos centros. Necesitamos negociar carteleiras, ter definidos os descansos e os máximos de traballo nos festivos, fins de semana e noites así como máis cousas que se perden para sempre. Está en perigo de extinción o 50% de reserva para as promocións internaS, as superiores categorías ou as adscricións temporais reguladas.

Convertamos a desfeita nunha oportunidade para ampliar dereitos e regular, obriguemos a Xunta a negociar!

Temos alternativa e con iniciativa presentamos esta proposta de Acordo marco regulador, onde recollemos os dereitos do V Convenio pero tamén procuramos aportar novas solucións para todas e sen discriminacións nin diferencias entre réximes xurídicos ou colectivos. Posiblemente quedaron cousas atrás ou algunhas se poden mellorar. Contamos contigo para avanzar.

Podes descargar o díptico nesta ligazón.

Outras novas recentes

Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...