Novas por contido

O xoves 28 de abril, a última hora enviaron unha serie de correos con algúns ficheiros para a oferta e a apertura de listados de prazas para consulta e que son:

- Listado 1 (prazas para concurso). Actualizado a 01/05/22

- Listado 2 (prazas para concurso-oposición). Actualizado a 01/05/22

- Listado 3 (segundo FP: persoal indefinido non fixo sen RPT). Actualizado a 01/05/22

- Folla de Entes (prazas de concurso e concurso oposición). Actualizado a 27/04/22

- Excel de prazas que convocadas pero que están afectadas pola lei 20/2021. Actualizado a 27/04/22

- Consorcio. Actualizado a 28/04/22

Eses ficheiros estaban cheos de erros, había grandes ausencias e tiñamos aviso de que eran provisionais. Incluso enviaron o do Consorcio o día seguinte. Hoxe venres 29 din que xa están consolidados e advertiámoslle á Xunta de que isto é un sinsentido: primeiro deberamos discutir os criterios da identificación de prazas e logo elaborar os listados.

Ao final, o mércores 4 ás 9:30 horas haberá unha reunión de negociación das alegacións aos criterios da oferta e aos listados de prazas. Con isto o lío esta servido e pode que modifiquen varias veces os listados: unha estratexia patronal clara que quere confundir ao persoal e xogar cos postos de traballo.

O DIRECTOR XERAL “INFORMA”

• Entes do art. 45.1 da LOFAXGA (organismos autónomos, axencias, consorcios e entidades públicas empresariais): si non teñen RPT van entregarnos listados cos datos necesarios para comprobar as prazas.
• Sobre os entes da LOFAXGA que faltan din que “intentaran introducir a maioría”.
• Van a incluír as prazas da RPT de Educación recén publicada.
• Estudarán meter nos listados as prazas de SEAGA que se incorporaron á Xunta (fixos-descontinuos de 6 meses).
• Solicitarán ao Consorcio que completen os datos de centro de traballo.
• Sobre os erros na data de antigüidade di que o que importa agora é que estean no listado correcto non si é da sentenza.
• Establecen 3 meses a partir dos que xa non se considera ininterrompido e non conta o tempo de suspensión do contrato non fixos-descontinuos.
• Establece dous requisitos restritivos a maiores para determinar as prazas: que estean ocupadas a 30/12/2021 e que non están convocadas. Ao único que cede é a deixar nos listados as prazas de procesos convocados que quedaron desertas (iso o di a lei).
• Nas prazas que van a concurso (listado 1) pola DA8, está aberto a negociar para aplicar os criterios de que a interrupción da relación de servizo de quen a ocupe (interrupcións de 3 meses ou algo similar).
• Para a valoración dos servizos prestados están abertos a establecer unha puntuación diferente entre Xunta e outras administracións, pero non a excluír a puntuación noutras administracións.

O QUE FALTA OU NON QUERE DISCUTIR (ou di que pospón para o mércores 4)

Insistimos que non retiren dos listados da oferta as prazas do excel de “prazas convocadas”, xa que cumpren os requisitos da lei, polo que teñen que saír na oferta. Para máis non se sostén o argumento de Función Pública xa que as prazas non foron identificadas en ningunha convocatoria. A CIG xa advertira que podían non chegarlle as prazas si seguían a convocar ás bravas, e agora si non teñen prazas suficientes é o seu problema: que as busquen ou que as creen, e que dimitan.

Solicitamos aclarar o método e momento de difusión dos listados (non podemos ir enviando listados diferentes cada día, é un caos para todas e todos) e que abran a posibilidade de que o persoal remita as achegas directamente.

GRANDES AUSENCIAS E FALLOS NOS LISTADOS (hai moitos máis)

• No do Consorcio sen centro e mal as datas de antigüidade, e faltan DA8.
• Queren excluír as prazas convocadas (exemplo centos prazas convocatorias decembro)
• Faltan todas as da Lei 17.
• Grandes fallos nas titulacións requiridas (e moitas ausencias).
• Numerosos erros nas tomas de posesión/antigüidade temporalidade praza.
• Faltan case trescentas prazas de Educación (porque a RPT non se actualizou dende o ano 2015).
• Faltan prazas de colectivos como Agader, profesores CELGA, Illas Atlánticas, etc.

INFORMACIÓN DOUTRAS CUESTIÓNS

• RPT DO CONSORCIO: remitirán borrador para ir avanzando.
• A OEP ordinaria non a van meter agora (ata que se vexa o que queda).
• Concurso de traslados e listado de postos para a elección de destino informámosche aquí.

Se queres, podes conectar coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...