Novas por contido

A CIG ven de rexistrar un escrito diante da Consellería do Medio Rural no que esiximos que cumpran o Convenio, logo de ter constancia de varios incumprimentos durante os últimos días. Tamén solicitamos que as equipas de traballo e postos individuais estean completos para garantir a eficacia e seguridade do dispositivo.

Durante os últimos días chegáronnos queixas dende varios puntos do País, por parte de traballadores/as do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) ,informando que lles “suxeriran” facer xornadas laborais máis alá das doce horas tope que recolle o convenio.Non podemos permitir facer xornadas maratonianas que supoñen unha mingua da seguridade. Esta parece ser unha carreira de fondo, e se o persoal se somete a unha sobrecarga incrementase o risco de sinistralidade.

Tamén son innumerábeis as queixas polos avituallamentos inexistentes ou precarios nestas xornadas prolongadas e baixo as condicións extremas que se dan nos lumes durante a vaga de calor.

A CIG denunciará perante a autoridade laboral todos aqueles casos que poida constatar e aqueles que consideres facernos chegar.

Non é responsabilidade das persoas traballadoras que a Consellería do Medio Rural faga unha nefasta política – entre outras- do persoal e a cobertura das prazas. Hai que cubrir as vacacións, permisos e baixas de todo o persoal dende o primeiro día. As brigadas non poden ser “sós ou dúos” por non cubrir as prazas baleiras.

Non se pode disfrazar de excepcionalidade os lumes cronificados deste país para tentar forzar aos/ás traballadores/as a traballar máis do que a súa seguridade llo permite. Esiximos previsión para a realidade da nova tipoloxía de incendios cada vez máis virulentos e que vimos anunciando na última década.

Poñemos en coñecemento do persoal do SPIF o que recolle o V Convenio Colectivo no Acordo de condicións especiais do SPIF ao respecto das queixas das que tivemos constancia nestes días:

  • No punto 3.3.2 : a xornada máxima de traballo será de doce horas en caso de incendio, que comezará e rematará contada a partir do lugar de reunión.

  • No punto 3.5.2 : no caso de prolongación de xornada o SPIF garantirá o subministro de comida aos traballadores, e no seu defecto abonará a correspondente axuda de custo.

Ademais, en canto ao descanso entre xornadas, o artigo 34.3 do Estatuto dos traballadores establece que «entre o final dunha xornada e o comenzo da seguinte mediarán, coma mínimo, doce horas».

Na resolución da Inspección de traballo do 2015 de Ourense, indícase que nos incendios o persoal do SPIF disporá de puntos de auga potable que serán indicados á chegada aos lumes.

No caso de que che aconteza algunha destas situacións ponte en contacto cos delegados e delegadas da CIG.

A seguridade é o primeiro que debemos garantir antes de calquera actuación

Rematamos cun parágrafo escrito por Marc Castellnou (Xefe dos GRAF-Cataluña):

Sobre el operativo recae el beneficio de toda evolución de conocimiento ,sobre las estructuras de nuestras organizaciones, tiene que recaer la obligación de entender que la seguridad en incendios pasa por ambientes de trabajo seguros, por planificaciones tácticas con certidumbre y con diseño de estrategias pensadas con este objetivo, y no solo con el de solucionar la emergencia lo antes posible”.

Do libro, “Manual de seguridad en operaciones de extinción de incendios forestales”, Quílez R, Mérida.E, Ed. PAU Costa Foundation 2007.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...