Novas por contido

Mentres que noutras administracións (local, universidade..) o nivel inferior de todos os grupos é o 14, tanto no complemento de destino como no específico, a Xunta pretende unha baixada do actual nivel 10 da Agrupación Profesional, ao un ainda menor nivel 9.

Esta regresión retributiva é como consecuencia da funcionarización do persoal laboral fixo pactada por Xunta, CCOO e UGT no Acordo de Concertación, que afecta de cheo ás categorías do persoal de limpeza daqueles centros de traballo nos que non se perciben pluses pola singularidade do posto. 

A proposta xa pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario o día 3 de agosto, mediante un proxecto de decreto que modifica o actual regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, do ano 1991 (descargar proposta). Todos os sindicatos amosaron a súa disconformidade, agás o SEPGA que se limitou a pedir datos.

A diferenza retributiva entre o persoal laboral do grupo V sen pluses, e o persoal funcionario da agrupación profesional, nivel 10 de CD e CE é de 710 €/anuais a favor do persoal funcionario. Esta diferencia retributiva sería amortizada polo distinto valor de trienios nun prazo de 9 anos; así o trienio da agrupación profesional ten unha valoración de 15,08 €/mes mentres o do persoal laboral é de 31,88€. Polo tanto, a perda anual do persoal laboral será de 235 € que no prazo de 9 anos se achegaría aos 710 € que percibiría a maiores como persoal funcionario no caso de funcionarizarse o laboral do grupo V.

En definitiva, esta rebaixa do nivel mínimo non só afecta ao persoal laboral funcionarizado (1515 persoas das categorías de limpador e camareiro-limpador), senón que faculta á Administración Autonómica a que todos aqueles postos a crear no futuro do corpo da Agrupación Profesional poidan selo cun nível 9 do CD e CE, precarizando aínda máis as condicións retributivas do persoal con peores condicións económicas da Administración Autonómica de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...