Novas por contido

O Anteproxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autonoma da Galiza pasou pola Mesa Xeral o 10 de outubro e apróbase na Comisión de Persoal do día 11 co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF e en contra da CIG.

Esta norma reproduce a Lei 20/2021 de temporalidade coas súas discriminacións sen dar unha solución a moitas das eivas que se derivan da lei estatal. Cabe lembrar que a Administración Xeral da Xunta é a campioa da temporalidade, superando o 30% de media de persoal temporal e interino.

Fixemos un esforzo ata o derradeiro minuto para mellorar o texto pero esta lei aínda non responde as expectativas do persoal. E como isto non remata aquí, imos poñernos en contacto cos grupos parlamentares para que recollan as nosas emendas e as defendan na tramitación parlamentar da lei. Función Pública segue tratando de xeito vago moitas cuestións que deberían ser definidas nesta lei, e a maiores crea novas escalas e especialidades e modifica de xeito significativo funcións e requisitos para escalas xa creadas sen telas negociado previamente.

Destacamos:

  • Limita a fase de concurso do concurso oposición a 30% experiencia-10% outros méritos.
  • Cunha declaración responsable os/as aspirantes farán a autobaremación dos méritos pero Función Pública só vai revisar as de maior puntuación ata completar o número de prazas convocadas. Ademais se falseas ou erras podes ser expulsado/a do proceso. Normal no primeiro caso, unha aberración no segundo.
  • Reduce os prazos a metade dos procesos selectivos pero á vez auméntanse os prazos sobre os límites da lei estatal para convocar ou incluso ter rematados os procesos.
  • Para evitar a concorrencia limita as excedencias por interese particular e incompatibilidade por 2 anos e obriga a escoller entre escalas se superas varios procesos para que ninguén aprobe máis de un á vez ou tome posesión nun solicitando excedencia noutro.
  • No concurso-oposición nin exames tipo test, nin se garante un único exercicio con nota de corte ponderada se hai varias probas. Eso si aceptan eliminar o corte por lei da metade de preguntas acertadas.
  • Crean escalas e especialidades: capataz, patrón, guía, gobernante, técnica e superior de información xeográfica, reprodución cartográfica, agrupacións profesionais, etc.) e mudan funcións e requisitos. Anuncian que isto vaise negociar nas emendas á lei.
  • As probas que van ser valoradas na fase de méritos se refiren unicamente a administración convocante.
  • A lingua galega vai ser requisito previo e poderá facerse proba previa de coñecemento do nivel requirido.
  • Outorgarase unha puntuación maior (sen aclarar canto) para os servizos prestados na administración convocante.
  • Unicamente se valora o tempo traballado como temporal/interino ou INF.
  • Muda a data de referencia para os méritos e requisitos a data de entrada en vigor da lei pola data da convocatoria.
  • Dalle poderes a Dirección Xeral de Función Pública para mudar equivalencias e reducir prazos.

Estamos pendentes de que a Administración nos remita canto antes o documento definitivo para facelo público, pois na propia Comisión de Persoal mudaron cuestións. Mentres, tes a túa disposición o documento que foi a votación na Comisión de Persoal: descargar.

Apróbase tamén, co único voto a favor da CSIF, a modificación dos estatutos da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG) para darlle entrada no seu Consello Reitor á Universidade privada unha porta aberta á privatización no ámbito universitario. A CIG, CCOO e UGT votamos en contra

Mais cousas nos rogos e preguntas:

  1. Vaise facer unha reunión técnica para ver que esta a acontecer coa certificación de servizos prestados como ámbito sociosanitario no SERGAS da OPE social.
  2. Están a traballar na RPT de medio rural, teremos borrador a finais de mes.
  3. A orde de integración do persoal do Consorcio vira nos vindeiros días a Mesa Xeral de empregados públicos.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.