Novas por contido

No DOG do 28/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Este acordo ten por obxecto aprobar os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social do persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade correspondente ao ano 2022.

O importe da axuda será de 2.160 € por causante, con rateo da dita cantidade para o caso de que o recoñecemento ou cualificación da discapacidade se producira con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 ou a convivencia non se mantivera durante todo o exercicio. A axuda aboarase na conta consignada para o ingreso da nómina.

Poderán solicitar a axuda do Fondo de Acción Social os empregados que prestaran servizos durante o ano 2022 nalgún dos órganos ou entidades a que se refiren as letras a) e c) do artigo 4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e que teñan a condición de:

a) Persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, incluído o persoal docente.

b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único que se atope nalgunha das seguintes situacións:

– Que teña a cargo un causante cun grao de discapacidade igual ou superior ao 75 % e con rendas superiores a 13.510 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

– Que cumpra os requisitos para ser beneficiario desta axuda e se lle denegara a prevista no artigo 35 do V Convenio colectivo.

– Que estivese adscrito a un posto de natureza fixa descontinua, caso en que terá dereito a percibir a parte proporcional da axuda correspondente aos períodos de inactividade.

c) Profesores de relixión.

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm

Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no DOG no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/ portada) mediante o trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellaría de Facenda e Administración Pública, unidade da Dirección Xeral da Función Pública.

No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2022. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...