Novas por contido

No DOG do 06/09/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 2:

Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14, 14ª do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 3:

Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e para o ingreso en diversas categorías do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galiza. Segundo.

Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 12.30 horas.

- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 4:

Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e para o ingreso en diversas categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza.

Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, e para o ingreso en diversas categorías do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).

Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (grupo B), e para o ingreso en diversas categorías do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).

Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.

Outras novas recentes

Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...