Novas por contido

No día de hoxe, 07/12/2023, dende a CIG puxémomos en contacto con Función Pública para aclarar unha dúbida que se estaba a plantexar por parte do persoal de varias escalas do subgrupo C2 de incendios (emisoristas/vixiantes-fixos, bombeiros forestais e bombeiros forestais-condutor de motobomba) en relación á posibilidade de pedir a excedencia voluntaria por interese particular na elección de destino provisional para poder seguir desempeñando un posto temporal.

A verdade é que neste caso temos que agradecer a resposta rapidísima de Función Pública que hoxe mesmo á tarde colgou unha nota explicando como se pode realizar o proceso.

Polo tanto, tal e como subliña Función Pública na nota, o persoal que queira pedir a excedencia voluntaria por interese particular, no aplicativo informático elixirán un posto,  e no momento en que se publique no DOG o seu nomeamento como funcionario de carreira deberán dirixir un escrito á Dirección Xeral da Función Pública solicitando a excedencia voluntaria por interese particular, xustificando, de ser o caso, que cumpren os requisitos

O problema xurdíu a raíz de que no aplicativo de Función Pública para a elección de destino e na RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes destas escalas só da posibilidade de escoller entre as seguintes opcións:

1. «Renuncia»
2. «Escoller posto»
3. «Solicitude de excedencia», debera presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015.

Polo tanto non existía a opción de escoller a excedencia voluntaria por interese particular do artigo 173 da Lei 2/2015, pois a que se referencia era unha excedencia para poder seguir prestando servizos como persoal funcionario de carreira e non como persoal temporal.

E finalmente hai que subliñar que esta posibilidade vai deixar de existir a partires do 1 de xaneiro de 2024 ao eliminarse a través da lei de acompamento dos Orzamentos de 2024 esta opción.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.