Novas por contido

O luns 11 de decembro tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal na que se aprobou a Oferta de Emprego Público-2023 de escalas sanitarias. En rogos e preguntas, o director xeral de Función Pública deu información de: corrección de erros en convocatoria de procesos selectivos do 21/11/23; elección de destino de enxeñarías; concurso de traslados de axentes e incendios;

Oferta de Emprego Público (OEP)-2023 de escalas sanitarias (Lei 17/89)

O Decreto de oferta limítase a comprometer o mínimo legal de promoción interna (25%), e non di nada de quen se vai poder presentar. A CIG reclama o 50%, e que se poida presentar calquera funcionario/a da Administración autonómica do mesmo subgrupo e do inferior que cumpra o requisito de titulación.

Deixa aberto o “carácter” do exame de galego, o que habilita a que na convocatoria o exame de galego non sexa eliminatorio. Esto é, que pode obter praza unha persoa que non teña o Celga e no exame de galego saque un cero.

O Decreto foi aprobado co voto en contra de CIG, e a abstención do resto de sindicatos (CCOO, CSIF e UGT).

Rogos e preguntas

Convocatoria de procesos selectivos publicados no DOG do 21/11/23: o martes 12 publicarán en DOG unha corrección de erros para permitir a participación na promoción interna do persoal laboral fixo do subgrupo inferior.

Elección de destino de enxeñarías: afirma o DXFP que van a enviar aos sindicatos as prazas para os procesos de libre e estabilización de enx.agronómica e enx.tec.agrícola. Serán prazas ocupadas por persoal interino que superou o proceso e prazas vacantes sen ocupación. O resto de enxeñerías irán despois de que elixan posto estas escalas e de valorar como quedan as prazas. Di que enx. de montes e téc. forestal ten máis complicación.

Concurso de traslados de axentes ambientais e incendios: informa o DXFP de que o prazo de solicitude remata o día 22 de decembro. Engadimos sobre o concurso de axentes, que a CIG xa informou a Función Pública de dous erros no aplicativo que van investigar:

  • Na solicitude a través do portax só ofrece a inscrición no concurso de incendios.
  • Na solicitude a través do web de Función Pública, non aparece a escala de C1-Axente facultativo medioambiental (no seu lugar aparece C1-Axente técnico en xestión ambiental).

Modificación da RPT de Política Social: di que están a traballar nesta RPT para incluír as 141 prazas (de 145) que teñen que pasar a xornada completa. Queren aprobala antes de rematar o ano. Xa enviaron as prazas aos sindicatos. Descargar.

Integración do persoal do Consorcio: emitiron informe da DX de simplificación. Pendentes de informe da SXT.

RPT de funcionarización: di que estamos “traballando nelas” (as prazas). Remitirían a de I, II e V cando teñan unha semana sin máis RPTs. O resto dos grupos van máis lentos.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...