Novas por contido

Na xuntanza do día 22/12/2023, o director xeral de Función Pública informou de varios asuntos:

Procesos de estabilización: para evitar a saturación do sistema lembra que para presentar os méritos abriran un prazo específico.

Funcionarización: no DOG do 26/12/2023 sairán publicadas as convocatorias. O 29/12/2023 publicarase no DOG a resolución pola que se procede á apertura do prazo para que o persoal en excedencia solicite participar nos procesos de funcionarización. En xaneiro queren axilizar a dos grupos I, II e V e logo a do resto para rematala o antes posible.

Ante a queixa de que non se actualizan as listas laborais nos procesos recentes de bombeiros/as din que esta semana terán un informe polas modificacións das listas de funcionarización. Tratarase en xaneiro.

Listas de contratación: vanlle dar prioridade ás escalas das que se crean prazas para que a publicación se faga un pouco antes que o resto.

Orde flexibilidade horaria: instarán a que se publique o antes posible.

Bolsa de flexibilidade (5%): intentarán darlle unha volta en xaneiro.

FIDES (expediente electrónico): están traballando no apartado da experiencia profesional do persoal indefinido non fixo.

Segunda actividade do persoal laboral funcionarizado: mantén as mesmas condicións mentres non se negocie outro acordo. Están dispostos a facelo.

Ademáis desta información facilitada, dende a CIG plantexámoslle varias cuestións:

Proceso selectivo A2, escala de inspección turística: Tras modificarse a convocatoria por esixencia normativa (inclusión do requisito do permiso de conducir da clase B), dende a CIG solicitamos que se habilite un procedemento para a devolución das taxas das persoas que se anotaron no seu momento neste proceso selectivo e que agora non cumpren co citado requisito.

Estabilización A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima: Na resolución cos resultados da primeira proba da oposición o tribunal cualificou a proba dividindoa en dúas partes, sendo necesario aprobar ambas partes para continuar no proceso. Isto vai en contra do disposto na convocatoria deste proceso e ten unha afectación directa na puntuación das persoas participantes. Pedimos a intervención de Función Pública.

Reclasificación no grupo B do persoal delineante: A diferencia do que pasa na Galiza, na comunidade autónoma de Andalucía gobernada tamén polo PP, o 14 de decembro entrou en vigor a reclasificación no grupo B do persoal delineante contemplada na Lei de la Función Pública de Andalucía (BOE 11/07/2023). Solicitamos que tomen nota dos seus compañeiros de partido andaluces e fagan xa todas as reclasificacións no grupo B contempladas na LEPG.

Postos para a elección de destino de enxeñería agronómica e agrícola: Seica está a circular entre os traballadores un listado extraoficial de postos. Na CIG non temos coñecemento oficial de ningún buzón de postos. Pedimos explicacións. O DXFP di unha obviedade: que non deberan circular os buzóns desa maneira, que enviarán ás organizacións sindicais o buzón definitivo cando o teñan.

Eleccións de destino de varias enxeñarías: despois do 08/01/2024 enviarán os postos e os criterios para a elección de destino.

 

 

 

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...