Novas por contido

Atendendo a unha sentenza do Tribunal Supremo do 2022, a CIG recoméndalle ao persoal que está a tomar posesión do posto nestes días que, se ten trienios perfeccionados como persoal laboral, lle solicite a Función Pública que llos recoñeza

A solicitude faríase cumprimentando o modelo PR004A na sede electrónica da Xunta

O Tribunal Supremo recoñeceu no 2022 o dereito do persoal funcionario que viñan de ser persoal laboral a cobrar os trienios adquiridos na súa categoría previa, segundo unha sentenza na que rexeitou admitir a trámite un recurso da Administración do Estado

A Sala do contencioso-administrativo remitiuse á súa propia xurisprudencia, descartando que o recurso da Administración fose relevante á hora de sentar doutrina para outros litixios no futuro, tendo en conta que a normativa cambiara coa entrada en vigor da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2021.

Os maxistrados remitíronse no seu fallo a dúas sentenzas ditadas en maio do 2019, segundo as cales o persoal laboral «ten dereito a que os trienios recoñecidos lle sexan aboados tras adquirir a condición de persoal funcionario, na contía correspondente ao momento en que foron perfeccionados».

Para chegar a esta conclusión a sala ditaminou que os trienios son un concepto retributivo que non depende da pertenza actual a un determinado grupo ou ao desempeño dun posto, senón que están vinculados ao feito de desempeñar servizos profesionais durante un tempo concreto.

O Tribunal Supremo entendeu daquela que o recurso da Administración do Estado non presentaba un interese por unificar criterios para proxectar a mesma doutrina a outros litixios no futuro, xa que, máis aló dos recursos dos que fala a Administración e aos que puidese afectar, atópanse «limitados no tempo».

Así, os maxistrados lembraban que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2021 modificou o recoñecemento de servizos previos. En virtude da citada normativa, o pagamento dos trienios efectuarase aplicando o valor que corresponda ao corpo, escala, persoal ou praza con funcións análogas ás desempeñadas durante o tempo de servizos prestados.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.