- Detalles
No DOG nº 229 do 30/11/2011, vén de se publicar o Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Este decreto, que foi aprobado sen previa negociación coas organizacións sindicais, regula os requisitos para a obtención da certificación de competencias dixitais en ofimática.
No artigo 4 do decreto, disponse que a dita certificación "poderase valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia".
Isto podería ter consecuencias para o persoal subalterno que participe en procesos de promoción interna para subgrupo C2, pero tamén para calquera proceso de provisión de postos ou proceso selectivo no que se establecese a dita certificación como requisito de participación.
- Detalles
A web da EGAP é de sobra coñecida polos seus "ansiados" temarios que saen tarde, mal e arrastro, agora tamén polo atraso engadido das edicións en galego e inzadas estas de erros. Desde fai uns meses a falta de actualización da plataforma "on-line" converteuse tamén noutra das deficiencias desta escola.
A CIG-Autonómica vén de formular queixa e reclamar que se adopten medidas urxentes para resolver estes asuntos que se producen con demasiada e reiterada frecuencia na EGAP.
- Detalles
No DOG do 13/05/2011 faise pública a convocatoria da EGAP do 2º semestre do 2011 dos cursos de formación contínua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes realizarase vía telemática na páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14.00h do 23 de maio de 2011.
Podedes consultar o listado de cursos ofertados e as condicións da convocatoria na seguinte ligazón.
Máis información: 981 54 62 46, 981 54 62 57 ou xestion.egap@xunta.es
- Detalles
No DOG do 19 de abril convócanse varias edicións dun curso de conducción de vehículos autobomba para persoal dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais. O curso terá unha duración de 9h e impartirase na Academia Galega de Seguridade sita no Concello de A Estrada en Pontevedra. Hai un total de 4 edicións con 20 prazas dispoñibles en cada unha.
As solicitudes faranse vía telemática a través da páxina web http://agasp.xunta.es. O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
- Detalles
No DOG do 14 de abril convócanse varias edicións dun curso de conducción de vehículos todoterro para persoal dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais. O curso terá unha duración de 9h e impartirase na Academia Galega de Seguridade sita no Concello de A Estrada en Pontevedra. Hai un total de 8 edicións con 20 prazas dispoñibles en cada unha.
As solicitudes faranse vía telemática a través da seguinte ligazón. O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
- Detalles
Logo da protesta da CIG-Autonómica o persoal sanitario da Xunta regulado pola lei 17/1989 poderá participar nas accións formativas da EGAP. O máis paradóxico é que a Escola de Formación do Sergas tampouco os viña considerando persoal propio e este colectivo ficaba en terra de ninguén en materia de formación por parte da Administración.
O 7 de abril o director xeral de Función Pública comunicounos que se asinou un convenio de colaboración entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o Desenvolvemento de Actividades de Formación, Divulgación e Investigación, co obxecto de facilitar que os funcionarios da Lei 17/1989, de 23 de outubro de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma, poidan participar nos cursos da EGAP.
- Detalles
Xa está dispoñible no web do forGA a programación dos cursos da CIG Administración Pública para este ano 2011. Estes cursos sectorias son a mairoría de modalidade presencial pero tamén os hai de teleformación. O periodo de preinscrición comeza o 5 de abril. Para preinscribirte deberás picar no enlace "preinscribete" do curso que che interese dos dispoñibles no seguinte enlace.
De momento están dispoñibles para preinscrición os cursos que se realicen de aquí a xullo. O resto subiránse máis adiante. Accede á programación completa nestoutro enlace.
- Detalles
No pasado ano 2010, o persoal sanitario da Xunta regulado pola Lei estatal 17/1989 (persoal funcionario sanitario non estatutario) non puido solicitar cursos da EGAP.
O motivo debíase a que a EGAP non consideraba a este colectivo como persoal da Xunta e os excluía das convocatorias de cursos formativos. Paradoxalmente, o FEGAS (a Escola de Formación do SERGAS) tampouco lles permitía realizar cursos por non seren persoal estatutario do SERGAS. Xa no seu momento, a CIG solicitoulle á Dirección Xeral da Función Pública que se suprimise a dita exclusión para as convocatorias de cursos formativos da EGAP.
- Detalles
No DOG de 10/02/2011 publícase a oferta de cursos de linguaxe administrativa galega da EGAP para o ano 2011, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Para acceder á información das distintas edicións dos cursos, premer nesta ligazón.
- Detalles
No DOG do venres, 14 de Xaneiro, fíxose pública a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega asi como cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA), a realizar nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI).
Os cursos de linguaxe administrativa galega van dirixídos ao persoal das diferentes Administracións Públicas galegas. No tocante aos cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, van dirixídos a persoas maiores de 16 anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen certificar a súa competencia en lingua galega.
A novidade para esta convocatoria, no tocante os cursos de linguaxe administrativa, é que a asingación de prazas será por rigoroso sorteo. Deste xeito, rematase por fin, e despois da denuncia da CIG-Autonómica, cos líos e as colas caracterísiticas destas convocatorias nas EOIs.