Novas por contido

No DOG do luns 18 de marzo de 2019, publícase a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais.

As persoas interesadas deberán presentar instancia conforme ao modelo que se encontra á súa disposición no portal web da Xunta de Galiza e pagar as taxas correspondentes.

O prazo para a presentación de instancias comezará o martes 19 de marzo, e rematará o 30 de abril de 2019.

Para ter información sobre as titulacións requiridas e os demáis requisitos das listas consulta a Resolución.

Outras novas recentes

Luns, 23 Xuño 2025

A extinción de incendios forestais na Galiza, cada vez máis perigosa e descoordinada

A CIG-Autonómica denuncia que un ano máis comezada a campaña de alto risco de incendios forestais seguimos sen ter unha xestión de persoal planificada e ordenada e destaca deficiencias no estado nas bases e no sistema de traballo dentro dos incendios forestais. No 2024, o Presidente da Xunta repetía a xustificación ante os incendios forestais do comezo do verán afirmando...
Mércores, 25 Xuño 2025

Concurso persoal veterinario e persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio n...

Onte, día 24 de xuño foi a Mesa Sectorial de Funcionarios dous concursos no que se trataou o Concurso de Persoal Veterinario e o Concurso de persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio natural, mariñeiro-vixiante, limpeza, subalterno. Tamén se nos aportou información importante sobre o concurso de "escalas...
Luns, 30 Xuño 2025

Convocatoria de oposicións: institutos marítimo-pesqueiros, cociña (técnica e auxiliar), auxliar coidadores e persoal subalterno

No DOG do 30/06/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos...