Novas por contido

No DOG do xoves, 9 de maio de 2019 publicase unha resolución da EGAP pola que se convoca o curso superior "As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica."

O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder os e as profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
Prazas: 80
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Datas: 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño; e 2 e 9 de xullo de 2019.
Horario: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
Inscrición: desde as 8 horas do 10 de maio ata as 23 horas do 14 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula
Prezo: o importe da matrícula é de cen euros (100 €) para as persoas destinatarias que non teñan a condición de persoal empregado público que, no caso de ser seleccionadas, recibirán as instrucións para realizar o pagamento.

 

 

 

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...