Novas por contido

Este congreso que vén de convocar a EGAP analizará as reformas normativas de 2018 en materia de prevención e represión do branqueo de diñeiro, así como a súa incidencia na economía, sociedade e cultura dixitais, e conta cos máis destacados especialistas nacionais na materia. En particular, analizaranse a Directiva de 2018/843 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, pola que se modifica a Directiva 2015/849, relativa á prevención da utilización do sistema financeiro para o branqueo de capitais ou o financiamento do terrorismo, e a nova normativa de prevención do mesmo ano que, mediante o Real decreto lei 11/2018, do 31 de agosto, modificou a Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.:

Obxectivos: atender a manifesta demanda social, científica e económica sobre a prevención e represión do branqueo de diñeiro. Sobre todo preténdese, neste ámbito sometido a constantes modificacións nas normativas nacionais e internacionais, actualizar e perfeccionar a discusión e formación, ante as reformas dos últimos meses, penais, tributarias, administrativas e comunitarias.
Destacarase especialmente a incidencia da normativa de prevención do branqueo na actividade administrativa e as obrigacións e deberes do persoal ao servizo da Administración pública. Destacarase, ademáis, o evidente perigo que presentan as novas tecnoloxías no branqueo de diñeiro, como advirte a Directiva de 2018/843 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, perigo a que  se suma  a  posibilidade de que se instrumentalice o persoal empregado público, entidades financeiras, empresas, economistas e avogados para o branqueo de diñeiro.

Programa:
a) Sección profesional, financeira, administrativa, constitucional, económica e tecnolóxica
- A creación dun organismo autorregulador para a avogacía e os órganos centralizados de prevención das profesións colexiadas recoñecidos polo artigo 27.1 da Lei 10/2010, do 28 de abril, sobre prevención do branqueo, modificado polo Real decreto lei 11/2018, do 31 de agosto.
- Medidas reforzadas de dilixencia debida en relación cos países de alto risco no marco da loita antibranqueo do RDL 11/2018.
- As sancións administrativas do Real decreto lei 11/2018 e o principio non bis in idem respecto ás sancións penais e tributarias.
- A agravación das sancións administrativas en materia de branqueo polo RDL 11/2018, do 31 de agosto.
- A constitucionalidade do RDL 11/2018, a súa extraordinaria e urxente necesidade.
- As canles de denuncia do RDL 11/2018 e o dereito á protección de datos.
- As estatísticas sobre aplicación da normativa administrativa en España da Lei de 2010 de prevención do branqueo e a súa reforma de 2018.
- Os perigos que para o branqueo representan as lotarías e os xogos de azar electrónicos segundo o RDL 11/2018.
b) Sección penal
- O branqueo de diñeiro, a responsabilidade criminal das persoas xurídicas e a titularidade real segundo a Directiva de 2018 e o RDL 11/2018, do 31 de agosto.
- O tipo agravado do branqueo por pertenza a unha organización criminal e o acceso dos grupos terroristas ás institucións financeiras internacionais segundo a Directiva de 2018.
- O uso das tarxetas de prepagamento para o branqueo e o financiamento do terrorismo e a Directiva de 2018.
- As diferenzas entre branqueo de diñeiro e financiamento do terrorismo.
- A orde socioeconómica como ben xurídico protexido polo tipo penal do branqueo de diñeiro.
- A análise estatística do volume e evolución do delito de branqueo de diñeiro en España ata 2019.
- As relacións do branqueo de diñeiro co delito fiscal e a tributación de actividades ilícitas.
- O compliance e as políticas e procedementos do artigo 26 da Lei 10/2010, do 28 de abril, sobre prevención do branqueo, modificado polo RDL 11/2018, do 31 de agosto.
- O delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico e as novas tendencias de financiamento do terrorismo advertidas pola Directiva de 2018.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, tanto das administracións públicas da Comunidade autónoma de Galiza, como dos seus entes instrumentais, e das universidades galegas, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
Lugar: EGAP, Compostela, no salón de actos
Datas: xoves e venres, 18 e 19 de xullo
Horario: 09.00-14.00 h e 16.00-21.00 h
Duración: 20 horas lectivas
Inscrición: desde as 8 horas do 11 de xullo até as 23.55 horas do 16 de xullo en https://egap.xunta.gal/matricula
Criterios de selección: o número de prazas estará limitado pola capacidade do local. A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.
Prazas: 286
Código: PU19016
Área: Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios
Administración: AU|LO|UN|ES|OU|XU
Cualificación: asistencia
Modo de impartición: presencial
Edicións: 1
Plan: fondos da EGAP
Tipoloxía: divulgación
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA [paula.oliete.trillo@xunta.gal]
Máis información: DOG núm. 114 do 10 de xullo de 2019.
Contacto: dende as 9.00 até as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41-981 54 62 39.

 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...