Novas por contido

No DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 publícase RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a I Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.

Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes, que terán lugar os primeiros martes de cada mes, teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Os E-martes do vindeiro trimestre de 2019 versarán sobre as seguintes materias:

– 1 de outubro: «O Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia».

– 5 de novembro: «Certificados electrónicos da Xunta de Galicia».

– 3 de decembro: «Sistemas para a contratación pública».

A actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, así como a profesionais e persoas interesadas en xeral. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación. O prazo para a inscrición nesta actividade abrirase desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e estará aberto ata as 23.55 horas do día 25 de setembro de 2019. 

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Datas: 1 de outubro.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas: 50.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...