Novas por contido

No DOG do 27/11/2020 anuncian as resolucións de numerosos procesos selectivos aos que se lles amplía o prazo para a realización do primeiro exercicio. Son os seguintes procesos:

  • Promoción interna para o ingreso no corpo administrativo, subgrupo C1.
  • Promoción interna para o ingreso no corpo auxiliar, subgrupo C2.
  • Promoción interna para o ingreso no corpo superior, subgrupo A1.
  • Promoción interna para o ingreso no corpo de xestión, subgrupo A2.
  • Consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terepauta ocupacional, de persoal laboral fixo.
  • Acceso libre e promoción interna para o ingreso na especialidade de terapa ocupacional, subgrupo A2.
  • Acceso libre e promoción interna para o ingreso na especialidade de enfermaría, subgrupo A2.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.