Novas por contido

No DOG do 19/05/2021 publican a ampliación do prazo de realización do segundo exercicio, en vinte días hábiles, dos seguintes procesos selectivos:

- escala facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración especial, subgrupo A1, quenda de acceso libre e promoción interna

- corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial, subgrupo A1, quenda de acceso libre e promoción interna

- categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo

- corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, quenda de acceso libre

- categoría 006 do grupo I, titulada/o superior psicóloga/o de persoal laboral fixo, do proceso extraordinario de consolidación

- escala de facultativos de servizos sociais, especialidade Psicoloxía, da administración especial (A1), pola quenda de acceso libre e promoción interna

- categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo, do proceso extraordinario de consolidación

- corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social de Administración especial de Administración xeral (subgrupo A2)

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...