Novas por contido

No DOG do 07/09/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo auxliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

O prazo amplíase en 20 días hábiles.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...