Novas por contido

No DOG do 14/09/2021 publican:

- ACORDO do 6 de setembro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

Persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I: a proba tipo test terá lugar o 2 de outubro de 2021, ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

- ACORDO do 6 de setembro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

Persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II: 2 de outubro de 2021, ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

- ACORDO do 6 de setembro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

Persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III: 2 de outubro de 2021, ás 10.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

- ACORDO do 6 de setembro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

Persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V: 2 de outubro de 2021, ás 16.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

- ACORDO do 6 de setembro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario polo persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

Persoal laboral fixo de varias categorías do grupo V: 26 de setembro de 2021, ás 9.30 horas, nas facultades de Dereito e de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela) e na Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela).

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...