Novas por contido

No DOG do 05/11/2021 publican o ACORDO do 27 de outubro de 2021, do tribunal designado para de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Anulan preguntas e publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...