Novas por contido

No DOG do 22.12.2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

-RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

Outras novas recentes

Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...