Novas por contido

No DOG do 25/02/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).

- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes deberán acceder á páxina web que figura no correspondente DOG, na cal poderán comprobar os méritos que teñen rexistrados no seu expediente electrónico.

Unha vez que accedan á aplicación informática, poderán xerar o impreso de conformidade ou o impreso de emenda, a partir dos datos que constan no seu expediente persoal, seguindo os pasos que se indican no DOG aplicable.

Outras novas recentes

Mércores, 23 Outubro 2024

Concursos-oposicións de estabilización de diversos subgrupos e escalas: baremacións provisionais da fase de concurso

No DOG do 23/10/2024 publican diversas baremacións provisionais da fase de concurso de procesos de estabilización: - RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso...
Mércores, 30 Outubro 2024

Varios concursos-oposicións de estabilización: baremacións provisionais da fase de concurso

No DOG do 30/10/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso de varios procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición: Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais,...
Xoves, 31 Outubro 2024

Varias baremacións definitivas dos concursos de estabilización dos subgrupos A2, B, C1 e grupo III

No DOG do 31/10/2024 publican varias baremacións definitivas do concurso de estabilización da Lei 20/2021: -  Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da...