Novas por contido

No DOG do 06/04/2022 publican a RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter provisional que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021, e a nova valoración provisional dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

Figuran as persoas solicitantes admitidas nas listas únicas, ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, e a nova valoración dos méritos de todas as persoas admitidas nas listas únicas, incluídas as admitidas con carácter definitivo por solicitudes anteriores á dita data nos termos establecidos no artigo 2 da Orde do 20 de xullo de 2021, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2, e as persoas excluídas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, con expresión da causa de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellaría de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Grupo Corpo/escala Denominación
A1 205G Escala de sistemas e tecnoloxía da información
A1 2060 Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A1 2062 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos
A1 2064 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial
A2 2051 Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A2 205H Escala de xestión de sistemas de informática
A2 2077 Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
C1 2053 Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
C1 205I Escala técnica auxiliar de informática
C2 2059 Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
  2055 Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...