Novas por contido

No DOG do 05/07/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado por Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade a diversos acordos. 

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio dos procesos selectivos no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Outubro 2024

Varios concursos-oposicións de estabilización: baremacións provisionais da fase de concurso

No DOG do 30/10/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso de varios procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición: Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais,...
Luns, 28 Outubro 2024

O Consorcio dá plantón á autoridade laboral

A Inspección de Traballo e Seguridade Social citou nas súas dependencias da Coruña ao Consorcio e ás representantes do persoal por mor dunha denuncia da CIG. Denunciamos que non se nos avisara da planificación das avaliacións dos centros, tanto psicosociais como do resto das visitas. Dende a CIG denunciamos tamén ao Consorcio por non aplicar as medidas correctoras para...
Xoves, 31 Outubro 2024

A CIG acada o compromiso da Consellería do Mar para a avaliación de riscos laborais por posto do Servizo de Gardacostas de Galiza

Na reunión de Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar deste pasado luns 28 de Outubro, a vicesecretaria xeral da Consellería confirmounos que no ano 2025 realizaranse as avaliacións de riscos laborais nos postos de patrón, mecánico e axente do Servizo de Gardacostas de Galiza. Esta era unha reivindicación da CIG dende hai moito tempo xa que estamos diante...