Novas por contido

No DOG do 18/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...