Novas por contido

No DOG do 25/10/2022 Agacal publica o ANUNCIO do 17 de outubro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación, baixo a modalidade contractual de actividades científicotécnicas, de cinco titulados/as superiores universitarios (técnicos/as I, categoría 004), no marco do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto titulado Caracterización, recuperación, conservación e transferencia da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de Galiza.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no DOG.

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidadealimentaria/documentacion

Outras novas recentes

Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...