Novas por contido

No DOG do 30/12/2022 publican: 

- EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A.: ANUNCIO do 29 de decembro de 2022 polo que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante os sistemas de concurso e concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

- FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA: RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo, nesta entidade instrumental do sector público.

- FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE: ANUNCIO do 26 de decembro de 2022 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e de persoal laboral fixo.

- FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALIZA: ANUNCIO do 29 de decembro de 2022 polo que se publicita a exposición das bases e a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

- FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DA ESTRADA: ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na seguinte categoría, grupo I, tesoureiro/a e na categoría grupo III, administrativo/a.

- FUNDACIÓN DO INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA-IFECO: ANUNCIO mediante o cal se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías grupo III, asistente de dirección, e grupo III, técnico/a de mantemento.

- FUNDACIÓN FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE LUGO: ANUNCIO da convocatoria de concurso público para a cobertura de dúas prazas de persoal laboral correspondentes ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, aprobadas mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG número 102), da Consellería de Facenda e Administración Pública, como oferta pública extraordinaria de emprego.

- FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA A TUTELA DE PERSOAS ADULTAS: EXTRACTO da Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

- FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA A TUTELA DE PERSOAS ADULTAS: EXTRACTO da Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II, III, categoría 62, e IV de persoal laboral fixo.

- CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALIZA: ANUNCIO das bases da convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de conformidade coa Lei 20/2021.

- CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A.: ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías do persoal.

- GALIZA CALIDADE, S.A.: ANUNCIO das bases que regulan o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo.

- REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A.: ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo, da categoría oficial de comunicacións/ auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

- XESTIÓN DO SOLO DE GALIZA-XESTUR, S.A.: ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías desta entidade instrumental do sector público autonómico.

 

 

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...