Novas por contido

No DOG do 27/02/2023 Agader publica a RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...