Novas por contido

No DOG do 08/03/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder do xeito que se indica no DOG.

- RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de GaliZa, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 227, do 28 de novembro).

PublicaN como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder do xeito que se indica no DOG.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...