Novas por contido

No DOG do 17/03/2023 publican:

- Augas de Galiza: RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023 pola que se aproban ese fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe/a de sección, na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a, e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

- Centro TecnolóXico do Mar - Fundación Cetmar. ANUNCIO polo que se fai pública a resolución da exposición na web da listaxe provisional dos solicitantes admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

- Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza: RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III, do persoal laboral fixo.

- Galiza Calidade, S.A.U.: ANUNCIO das listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...