Novas por contido

No DOG do 29/05/2023 publican a ORDE do 23 de maio de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 12 de maio de 2021 e do 25 de agosto de 2021.

A partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galiza, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza. A data de efectos administrativos da sinatura deste acordo de extinción será o 31 de maio de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xuño de 2023.

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido na presente orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que aquí se relacionan.

• Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial-grupo B-escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

– Especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada. Categoría 100 (Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do grupo III.

• Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial-subgrupo C2-escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

– Especialidade de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba. Categoría 33 (Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV.

– Especialidade de emisorista-vixilante/a fixo/a. Categoría 10B (Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais) e 10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais) do grupo V.

– Especialidade de bombeiro/a forestal. Categoría 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V.

• Corpo administrativo de Administración xeral-subgrupo C2. Categoría 32 (Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais) do grupo IV.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...