Novas por contido

No DOG do 07/08/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso das persoas aspirantes de acceso libre e promoción interna, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...