Novas por contido

No DOG do 06/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 9 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 9 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 9 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP); r/ Madrid, núm. 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.