Novas por contido

No DOG do 17/10/2023 o Consello de Contas de Galiza publica:

- RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do 3 de setembro de 2023, do Pleno, polo que se aproba a convocatoria do procedemento para a implantación do réxime transitorio e extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa (grao II) ao persoal funcionario que presta os seus servizos neste organismo.

- RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do 3 de setembro de 2023, do Pleno, polo que se aproban as normas reguladoras do procedemento para o establecemento do complemento de desempeño (grao II) do posto de traballo para o persoal laboral fixo.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...