Novas por contido

No DOG do 07/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

Segundo a base II.2.8, publican, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio deste proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, resultando unha única persoa apta. A respecto das persoas que non acadaron algunha das ditas porcentaxes mínimas, publícanse na relación correspondente e decláranse non aptas, e sinálanse para cada aspirante as partes *1, *2 e *3 (=ambas as partes) en que non se cumpriu a condición de superación da porcentaxe mínima exixible. En razón aos ditos criterios, unha asignación de puntuacións neste último grupo non sería homologable á das restantes persoas aspirantes.

Segundo o disposto na devandita base II.1.1.1.d) da convocatoria, os aspirantes declarados aptos deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o luns día 18 de decembro, entre as 15.00 e as 16.00 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...