Novas por contido

No DOG do 20/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba e bombeiro/a forestal, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

Nomean persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba e bombeiro/a forestal, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. 

Outras novas recentes

Martes, 21 Mai 2024

Límitación de 3 anos nas contratacións temporais e nomeamentos administrativos: as excepcións

A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021). Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese...
Martes, 21 Mai 2024

Consorcio: sen avances na negociación da xornada das escolas infantís e problemas cos Servizos Centrais

A CIG traslada diversos problemas derivados da aplicación do Acordo de Condicións de Traballo de Política Social, á Comisión de Seguimento, ante a falla de resposta por parte do Consorcio. • Dende a aplicación do Acordo nas escolas infantís do Consorcio, co paso a 35 horas semanais efectivas de traballo, son numerosas as dificultades que se están a dar nos centros para...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...