Novas por contido

No DOG do 29/01/2024 publican:

- ACORDO do 22 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 14 do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 7 de febreiro (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

- ACORDO do 22 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galiza número 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galiza número 64, do 31 de marzo), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Publicar as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024, conxunta dos tribunais nomeados polas resolucións do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galiza número 193, do 10 de outubro) encargados de cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, especialidade bombeiro/a forestal, e nas categorías 100 do grupo III, 33 do grupo IV, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galiza número 64, do 31 de marzo), pola que se dá publicidade de varios acordos.

Con carácter previo á realización do segundo exercicio as persoas aspirantes deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública, a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, onde farán constar o que indica o DOG.

Convócanse as persoas aspirantes nos procesos selectivos arriba sinalados para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo o día 20 de febreiro de 2024, en chamamento único, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se indica no anexo.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...