Novas por contido

No DOG do 08/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...